Subscríbete ao novo servizo de Whatsapp ou Telegram para acceder aos contidos máis destacados da TVG.
Selecciona o servizo ao que te queres subscribir.
É moi sinxelo.

PARA TELEGRAM:
Búscanos desde o teu móbil en Telegram por Gcontigo

PARA FACEBOOK MESSENGER:
Entra en Facebook Messenger co enlace Gcontigo Messenger da CRTVG
Pica en Comezar e recibirás unha mensaxe de benvida. Podes usar o menú para acceder ás distintas opcións ou seguir as pautas de 'Servizos dispoñibles'

PARA WHATSAPP:
Agrega este número de teléfono:
659 09 06 45
á túa axenda de contactos.
Tamén podes incluílo na túa axenda descargando a VCard no teu móbil.

Clica na Vcard e poderás engadila nos teus contactos.

Podes decidir os temas dos que queres recibir información

SERVIZOS DISPOÑIBLES
Trátase dun servizo personalizado, xa que os usuarios poden seleccionar que tipo de información queren recibir e de que áreas
Informativos
Envía unha mensaxe coa palabra Informativos e enviarémosche información sobre a actualidade do día.
20:48

Deportes
Envía unha mensaxe coa palabra Deportes e enviarémosche información sobre a actualidade deportiva galega.
20:48

Programación TVG
Envía unha mensaxe coa palabra Programación e enviarémosche avisos das nosas novidades na grella, novos programas e lembrarémosche a programación do "prime time" diario.
20:48
O Tempo Só dispoñible en FB Messenger e Telegram
Se queres saber a predición máis recente, envía a palabra Tempo. Así que, xa sabes, envía Tempo cada vez que o necesites.
20:48
Blog: Saborea a lingua Só dispoñible en FB Messenger e Telegram
Envía unha mensaxe coa palabra Saborea e enviarémosche un aviso coas novas entradas no blog da CRTVG de Saborea a lingua.
20:48
Baixa do servizo:
O servizo poderase cancelar en calquera momento enviando a palabra BAIXA no propio sistema de mensaxería.
Recibirase unha mensaxe coas opcións dos contidos asociados a un número. Enviando o número correspondente ao contido do que desexa darse de baixa farase efectiva a mesma.
O servizo é de balde e os datos do número de teléfono e o nome do WhatsApp subscritos estarán suxeitos á Lei de protección de datos, que se pode consultar no enlace: http://www.crtvg.es/aviso-legal.
20:48
PREGUNTAS FRECUENTES
Que pasa se me dou de alta e non recibo ningunha mensaxe?
20:48
Cando nos mandes a subscrición o noso sistema ten que incorporarte na nosa axenda e pode tardar ata 24 horas. Así que, non te preocupes.
Se pasadas as 24 horas segue sen chegar, contacta connosco a través de crtvg@crtvg.es incluíndo o número de teléfono usado na subscrición e darémosche unha solución.
20:48
Este servizo é de atención ao público?
20:48
Non, é un sistema de subscrición e a forma de contactar connosco é a través do Buzón da Galega e das nosas redes sociais.
20:48
Cantas mensaxes vou recibir?
20:48
Non saturaremos o teu whatsApp pero sempre terás a opción de darte de baixa do servizo enviando a palabra BAIXA.
20:48
Isto é un grupo de WhatsApp?
20:48
Non, e ninguén poderá ver as túas mensaxes. O sistema é unha vía de comunicación "one-to-one" suxeita á LOPD.
20:48

Déixanos as túas suxestións ou preguntas en crtvg@crtvg.es
Co envío de calquera mensaxe para acceder e activar os servizos anunciados nesta páxina web, o usuario autoriza que os datos persoais comprendidos na devandita comunicación (número de teléfono) serán obxecto de tratamento nun ficheiro cuxo responsable é Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., con domicilio social en Bando-San Marcos, CP 15820 Santiago de Compostela, coa única finalidade de xestionar a petición solicitada e sen que devanditos datos sexan comunicados a terceiros. Así mesmo, poñemos no seu coñecemento que poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante a sa solicitude á dirección arriba indicada, ou ben a través de correo electrónico á seguinte dirección lopd@crtvg.es, en ambos os casos cunha fotocopia do seu DNI.